28.12.06

 

Alberto Sueiro participa en "Hai Debate" na TVG


O 18 de decembro o PP de Carballo emite esta nota de prensa:

O DEPUTADO AUTONÓMICO DO PPdeG ALBERTO SUEIRO FALARÁ ESTA NOITE NO PROGRAMA DA TVG "HAI DEBATE" SOBRE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O 2007

Carballo, luns, 18 de Decembro de 2006.-O parlamentario autonómico do Partido Popular de Galicia, Alberto Sueiro, falará esta noite, a partir das 23,25 horas, no programa da TVG "Hai debate", sobre os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano.

O grupo parlamentario do PP presentou diversas enmendas á Lei dos Orzamentos da Xunta de Galicia, que en total suman case nove millóns de euros (8.950.000), para proxectos e obras nos municipios da Costa da Morte. Todas elas xa foron tratadas en comisión e rexeitadas polo bipartito. Sen embargo, o PPdeG volverá a presentalas no debate plenario do Parlamento que se celebrará os vindeiros días 21 e 22 deste mes.

As enmendas foron dadas a coñecer en Carballo polo deputado autonómico Alberto Sueiro, que hoxe interven no programa da TVG, e que estivo acompañado polo viceportavoz do grupo municipal do PP, Juan Carlos Castro.

As máis cuantiosas son as que afectan a Vivenda e Solo, cun total de catro millóns de euros: dous para a ampliación do parque empresarial de Carballo e outros tantos para a construcción do de Coristanco.

Alberto Sueiro considera que a actuación do governo bipartito con respecto á Costa da Morte non é satisfactoria. Nese senso, afirmou que "este Governo só nos quita cousas, non sabemos o que nos vai dar. Só trae malas noticias para a Costa da Morte".

Afirma ademáis que a comarca sigue no "vagón de cola" das infraestructuras viarias de Galicia, xa que a vía de alta capacidade non será unha realidade ata o 2009 "a pesar do plan especial de Touriño, outras zonas de Galicia levan xa moito adianto".






<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?