5.11.06

 

Quintana utiliza un acto oficial para lanzar promesas sen fundamento

O 24 de outubro o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa:

O PP DE CARBALLO DENUNCIA A ACTITUDE DEMAGÓXICA E POPULISTA DE ANXO QUINTANA

Carballo, martes, 24 de Outubro de 2006.- O Partido Popular de Carballo quere denunciar a actitude demagóxica e o populismo do que fixo gala onte o Vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, no transcurso da charla que pronunciou no pobo, con motivo da celebración da Semana dos Avós. O que se pon de manifesto, tras leer as súas declaracións, é que o vicepresidente da Xunta xa se atopa en plena campaña electoral.

Non é de recibo nin, por suposto, é serio, que se presente en Carballo anunciando a creación dunha residencia para maiores de xeito inconcreto, sin falar para nada da súa localización ou dos prazos de construcción. As súas palabras non poden máis que ser interpretadas como un brindis ó sol.

Polo que respecta ó aumento das pensións, as palabras de Quintana abundan na súa liña demagóxica e oportunista. Como él moi ben sabe, é o Estado o que ten a última palabra en materia de pensións e, polo tanto, arrogarse a facultade de falar dun suposto incremento e, sobre todo, dalo por feito, só pode calificarse de arriscado e pouco realista.

No que atañe ós centros de día para a Costa da Morte, ó final imponse a tesis do PP de que aqueles concellos que non se incorporen ó Consorcio de Servicios Sociais serán castigados e quedarán sen nada. As propias manifestacións de Quintana, facendo un chamamento para que os concellos se adhiran a ese organismo, van inequívocamente en esa liña.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?