5.11.06

 

O PP presenta unha moción para que se constrúan os accesos ó polígono

O Grupo Municipal do PP de Carballo presentou, o venres 20, no rexistro xeral do concello, unha moción para o seu debate no vindeiro pleno da corporación de Octubre, para promover no plazo mais breve posible se proxecten e excuten as obras de acceso o Poligono industrial de Carballo.

Tendo en conta o retraso no desenvolvemento da posta en disposición dos terreos das ampliacións do actual polígono entendemos que é moi importante que, conxuntamente ó resto dos traballos necesarios para a creación do solo industrial, deberíase traballar na solución dos accesos, como un xeito de ir gañando tempo e de darlle mallor valor o resultado fin é por outra banda de darlle solucion os problemas de tráfico e de seguridade vial que hoxe estamos padecendo todolos carballeses polo estado deficiente e perigoso de ditos enlaces e accesos.
Esperamos que o goberno tripartito apoie esta iniciativa de impulso, mais alá da poliltica de propaganda , e se comprometa na execución de unhas obras de gran necesidade e urxencia que darían solución efectiva a un problema actual que sen dúvida se verá aumentado no futuro senon se actua coa suficiente antelación e previsión.

ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, Portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento, para ser debatida no próximo Pleno desta Corporación, a seguinte MOCIÓN sobre a CONSTRUCCION DOS ACCESOS O POLIGONO INDUSTRIAL DE CARBALLO:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O desenvolvemento económico de Carballo está tradicionalmente vinculado, entre outras, a duas características: o seu privilegiado emplazamento e a existencia dunha importante dinamización comercial e empresarial, que permitiu que, durante periodos de tempo relativamente longos, o noso Concello presente ritmos de crecemento altos e constantes.
As persoas, as empresas e as Administracións Públicas desempeñan papeis concretos e específicos, cada un deles, coma actores fundamentais no desenvolvemento e o crecemento sostible, que son a base para a expansión demográfica e a consolidación urbana. O desacompasamento nas funcións que calqueira deles ten asignada produce desequilibrios, retrasos e ineficiencias que impiden a competitividade dos territorios provocando a desaparición das expectativas e das oportunidades para os seus habitantes.
Os parques empresariales como bolsas de solo industrial e comercial son, polo tanto, unha intervención obrigada para o incremento do stock de capital público que propicie a implantación das empresas. O conxunto de infraestructuras que os ditos parques levan asociadas son, polo mesmo, indispensables formando parte sustancial das mesmas.
Dende hai anos, coa intervención de distintas Administracións e grupos políticos, o Concello de Carballo planificou a dotación de solo empresarial a traverso das distintas fases de ampliación do actual polígono industrial. A pesares do volumen e a importancia da demanda, a posta a disposición do solo estase a retrasar de xeito reiterado, supoñendo un serio perxuicio non soio os potenciales destinatarios do parque empresarial individualmente, senon o conxunto da sociedade e do territorio.
Asemade, os problemas de tráfico de vehículos derivados da conxestión da vía e a deficiente accesibilidade da actual conexión do polígono coa AG-55 e a estrada C-552 están a provocar perxuicios moi importantes o conxunto dos usuarios da estrada sendo a causa permanente, e especialmente en momentos concretos, de graves problemas de circulación e de seguridade vial.
É moi importante o deseño axeitado das comunicacións e do acceso o parque, o seu entronque coa C-552, a AG-55 e as distintas vías de carácter provincial e municipal e tamen coa futura vía de circunvalación de Carballo, porque en suma, da sua correcta planificación e execución tamen dependerá en gran medida o éxito do parque coma motor economico de e da comarca de Bergantiños e a mellora do tráfico e a seguridade vial na rede viaria que lle dará servicio.
Polo tanto ademais da infraestructura básica existen unha serie de investimentos imprescindibles para o correcto funcionamento do parque e a sua incorporación o entramado urbanístico de Carballo e no conxunto das redes viarias municipal, provincial e autonómica. De estas accións paralelas, pero igualmente importantes, non se teñen noticias nin aparecen planificadas ni orzamentadas en ningún dos planos coñecidos
Tendo en conta as dificultades, atrancos e retrasos para a posta a disposición do solo industrial, dende o grupo municipal do Partido Popular consideramos imprescindible que se escomenze a actuar de xeito inmediato en todas aqueles outros aspectos relacionados co ionvestimento principal e na execución das obras auxiliares ou complementarias que permitan adiantar plazos de remate do conxunto das obras.
En consecuencia, solicitamos ó Pleno do Concello que adopte os seguintes acordos:
Primeiro.- O Concello de Carballo considera prioritaria a execución das obras que sexan necesarias para mellorar e modernizar os accesos ó Polígono Industrial e Comercial de Bértoa, incluíndo a construcción de un nodo viario que dé solución os problemas de acceso e circulación, tanto de vehículos coma de peóns.
Segundo.- En consecuencia, o Concello de Carballo demanda da Xunta de Galicia o deseño e execución das devanditas obras, no plazo mais breve posibel, con cargo á financiación autonómica.
Terceiro.- Remitir copia destes acordos ó Sr. Presidente da Xunta de Galicia e á Sra. Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes .
Carballo a 18 de Octubro de 2006
Asdo. Alberto Sueiro Pastoriza





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?