5.11.06
O PP contesta ó BNG de Carballo polo acto de Quintana

O PP DE CARBALLO REITERA QUE QUINTANA PRONUNCIOU UN MÍTIN
Carballo, xoves, 26 de Outubro de 2006.- Quen falta ó respeto de tódo-los carballeses é o propio vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana que, escudándose no seu cargo institucional, veu a Carballo a pronunciar unha charla de marcado tinte electoralista, vendendo fume e prometendo cousas sen fundamento.
Vir a Carballo a pronunciar unha charla e prometer proxectos sen informar da súa localización, dos seus prazos, e limitarse a decir que os obxectivos concretaránse a curto e medio prazo só pode calificarse como un insulto á intelixencia de tódo-los cidadáns. O responsable do BNG en Bergantiños pode decir o que queira, pero habería que preguntarlle qué diferencias sustanciais atopa él entre un mítin e a charla que pronunciou Anxo Quintana.
Acusar ó PP de faltar ó respeto á Asociación da Terceira Idade é unha falacia que non se ten en pé. O que fai o Partido Popular de Carballo é denunciar a determinada actitude dun representante político, por populista e demagóxica. E, dende logo, iso non ten nada que ver ca pretendida falta de respeto da que fala o representante do BNG de Bergantiños.
Reiteramos que, se hai algunha falta de respeto, é precisamente a do Vicepresidente da Xunta de Galicia hacia tódo-los carballeses, que aínda se pensa a estas alturas que se pode engaiolar á audiencia co único recurso dunha oratoria florida e promesas inconcretas.