5.11.06

 

Continúan os vertidos incontrolados en Cances

O día 18 de outubro o PP de Carballo fai pública esta nota de prensa:

O PP INSTA Ó GOVERNO LOCAL A QUE EXPLIQUE CAL É A VERDADEIRA SITUACIÓN DO VERTEDOIRO DE CANCES

Carballo, mércores, 18 de Outubro de 2006.- O Partido Popular de Carballo insta ó governo municipal a que explique ós cidadáns cal é a verdadeira situación, nestes intres, do vertedeiro da parroquia de Cances. Non é de recibo que os membros do tripartito argumenten que os vertidos de terra fanse de xeito controlado cando, o realmente certo, é que alí non hai ningún tipo de control medioambiental.

Hai que recalcar que ata alí chegaron camións procedentes de distintos concellos e de diferentes obras e fixeron a descarga sen nengún tipo de control, a pesar de que o governo local afirme o contrario.

O que ocurre agora en Cances produce perplexidade e sirve para poñer de manifesto a actitude hipócrita do tripartito. Parte da asociación de veciños, instrumentalizada polo BNG, opúxose a un vertedoiro con tódo-los controis, legal, con plenas garantías, polo simple feito de que estaba promovido polo anterior equipo de governo e agora, en cambio, autorízanse as descargas sen nengún tipo de control e sen saber siquiera o que chega alí.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?