13.10.06

 

Os veciños denuncian o abandono dos parques

O 28 de setembro do PP emite a seguinte nota de prensa:

O PP DE CARBALLO DENUNCIA A DESIDIA DO GOVERNO LOCAL NA CONSERVACIÓN DOS PARQUES INFANTÍS

Carballo, xoves, 28 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar a imprevisión e a falta de responsabilidade do governo local, que ca súa desidia permitíu que os parques infantís do concello se atopen nun estado de conservación lamentable. O concelleiro de Servicios e Manteñemento, Lois Lamas, mentíu primeiro no asunto relativo ó verquido do río Anllóns e volve a facelo agora na cuestión dos parques.

Non é de recibo que diga que o manteñemento dos mesmos se fai a diario e que teñan que ser os propios veciños e as nais dos nenos os que dan a voz de alarma ante o deterioro dos parques. Calquera, a simple vista, pode decatarse de que tanto as instalacións infantís da praza do concello como as do parque do Anllóns presentan un estado moi precario e de abandono.

Ademáis, o governo tripartito adopta decisións que, en lugar de beneficiar ó pobo, perxudícano de xeito ostensible. Eulen era a empresa que se encargaba do manteñemento dos parques e das zonas verdes do concello. A súa concesión rematou o pasado 30 de Xuño e o concello, en lugar de renovarlla ou de buscar outra alternativa, non fixo absolutamente nada e agora nos encontramos con que é a Brigada de Vías e Obras -que ten outras ocupacións- a que se ten que encargar de facer este traballo.

A falta de criterio do equipo municipal de governo é escandalosa. Non só non se preocuparon de crear un solo metro de zona verde en todo este tempo, senon que ademáis despreocúpanse da que xa hai e non lle prestan a máis mínima atención.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?