13.10.06
Os problemas dos campos de fútbol seguen sen solucionarse
O 8 de setembro o PP de Carballo emite esta nota de prensa: A pesares das repetidas promesas, o campo municipal segue sin solucións un ano mais.
O PP de Carballo reclama o Alcalde que proceda a inmediata solución dos problemas nos campos de fútbol municipais de Carballo e Berdillo.
Carballo, 8 setembro 2006 .- As Obras prometidas nos campos de futbol de Carballo e Berdillo, están sin rematar ou no peor dos casos sin empezar, e reanudadas as competicións oficiais e as actividades da escola, o estado do terreo de xogo é ipracticabel e impide a correcta e segura práctica do deporte.
A pesares das multiples promesas do goberno municipal que chegou a incluir unha partida nos orzamentos muncipais para a reposición do cesped do campo municipal das Eiroas, rematado o verán, época ideal para acometelas sin causar molestias, polo descanso veraniego dos equipos, as obras non están , nin tan siquer,escomenzadas.
O problema, en sí mesmo importante polo tempo que os equipos locais levan agardando e polos perxuicios que se lles está a causar, é , si cabe, mais sangrante si temos en conta que é o propio alcalde o que ten asumidas as competencias da concellalía de deporte, e coma xa está a ser unha constume, mostrase incapaz de sacar adiante nin un soio dos asuntos que dependen directamente da sua xestión.
E mais que evidente que o retraso nas obras de reposición do cesped están a causar unha dificultade añadida os equipos locais, unha imaxen moi negativa das instalacións do noso concello e un perigo físico engadido para os futbolistas que alí xogan e para os centos de nenos matriculados nas escolas de futbol Luis Calvo Sanz.
Do mesmo xeito atópanse os veciños de Berdillo que ven coma o San Lorenzo non pode usar as isntalacións municipais da sua parroquia porque as obras que se tiñan que facer no periodo de suspensión das competicións non están rematadas, a pesares de que se lle tiña asegurado que podrían iniciar a tempada no seu campo.
E imprescindibel que de xeito inmediato se poña solución a estos problemas e ,a pesares dos perxuicios que xa se teñen causado, no plazo mais breve posibel, se proceda a execución das obras comprometidas e se deixen os campos municipais nas condicións que os equipos que os utilizan, e en xeral todolos veciños de Carballo, se merecen.