13.10.06
Os partidos do goberno compiten por organizar a excursión da 3ª idade

O 19 de setembro o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa:
Graves discrepancias dentro do goberno por ver quén organizaba a viaxe
O PP DENUNCIA A MANIPULACION E A DESORGANIZACION NA EXCURSION DA TERCEIRA EDAD.
Carballo, 19 de setembro.- A excursión organizada polo concello de carballo para a Terceira idade, estáse a convertir nun novo escandalo e outro motivo de desencontro entre os membros do goberno que se disputan a organización .
O PP quere denunciar outra volta mais a incoherencia e a hipocresia do Alcalde do BNG, grupo maioritario no goberno , que despois de criticar a realización de este tipo de actos, agora está a facelos sin ningun tipo de reparos.
A utilización partidista das excursións da terceira idade chega o punto que a actividade que tiña organizada a Concelleria da terceira idade para o día 3 de setembro fora cancelada, a instancias do Alcalde, para , dende o BNG, atender a outra viaxe a Melide , organizada pola Vicepresidencia da Xunta. O Sr, Ferrero antepón os intereses partidistas do BNG as actuacións do goberno municipal e dos cidadán de Carballo .
A loita interna dentro do concello entre o CDI e o BNG por “controlar” as excursións trouxeron graves problemas de organización e de descoordinación no seo do concello, provocando que moitas persoas non souperan, si tiñan plaza asegurada na viaxe, ou con qúen habia que falar para apuntarse.
O PP quere denunciar a manipulación da excursión o uso absolutamente partidista da organización da viaxe , toda vez que membros do CDI, non sendo membros do goberno nin persoal do concello de Carballo, foron os encargados de distribuir as invitacións, que pagamos entre todos, e de facer “listas” de persoas para ir a excursión sen ningún control por parte dos servicios municipais .
Unha volta mais volve a quedar en evidencia a absoluta discrepancia de criterios dentro do goberno , cada grupo actúa por separado e o alcalde non quere ou non pode poñer orden, porque non ten a autoridade necesaria para facer valer o seu criterio.
Desde o PP aplaudimos a celebración de actos que teñan como protagonistas os maiores do noso concello, aplaudimos o cambio de criterio do Sr. Ferrero en esta cuestión pero demandamos rigor na organización, transparencia nos criterios e control dos medios e das persoas que organizan unha actividade do Concello de Carballo, e decir , de todolos carballeses .