13.10.06

 

O PP esixe que se remate a travesía principal

O 13 de setembro o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:

O PP INSTA Á XUNTA A QUE ACOMETA EN SERIO AS OBRAS DA TRAVESÍA PRINCIPAL

Carballo, mércores, 13 de Setembro de 2006.- O anuncio feito polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial en relación cas obras de aglomerado na travesía principal non vai a solucionar nada. No PP de Carballo consideramos que se trata dunha chapuza e que o único que van facer é tirar os cartos.

O que teñen que facer é acometer en serio as obras da travesía e deixar facer declaracións de cara a galería que o único que buscan é obter un rédito político.

O que ten que facer a Consellería de Política Territorial, en lugar de adicarse a facer brindis ó sol, é executar en serio e dunha vez por todas as obras da travesía. Non debemos esquecer que esas obras contemplan, entre outras cousas, a correspondiente canalización, o alcantarillado, a instalación de cable de fibra óptica, etc.

Non é serio que, a estas alturas, pretendan facer creer á xente que cunhas simples obras de aglomerado xa está todo feito. Os compromisos hai que cumprilos e o resto é pura palabrería que o único que busca é distraer e engañar á opinión pública.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?