12.10.06
O PP celebrou un acto explicativo sobre a reforma do Estatuto

Nunha sala repleta de público, Pedro Puy, profesor da Universidade de Santiago e ex director xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia, ofreceu unha charla amena e moi clarificadora por espacio de case dúas horas. O obxectivo desta campaña foi dar a coñecer ós afiliados, e a través deles á sociedade galega en xeral, a proposta presentada polo Partido Popular de Galicia para a reforma do Estatuto de Galicia. A campaña, dirixida a alcaldes, concelleiros e xuntas locais, dou comenzo o día 8 de xullo mes e rematou o día 29.
As preguntas dos asistentes foron numerosas, e todos destacaron o gran coñecemento da materia e a gran capacidade de comunicación do ponente Pedro Puy, un dos maiores expertos de política autonómica en España.