13.10.06
O PP apoia as reivindicacións das organizacións agrarias no sector lácteo
O 20 de setembro de 2006 o PP de Carballo presenta a seguinte moción: JUAN CARLOS CASTRO POMBO, viceportavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento, para ser debatida no próximo Pleno desta Corporación, a seguinte MOCIÓN de APOIO ÁS REINVINDICACIÓNS DAS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS DE GALICIA PARA A MODIFICACIÓN DO BORRADOR DO PLAN DE REESTRUCTURACIÓN DO SECTOR LÁCTEO DO MINISTERIO DE AGRICULTURA:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O borrador do Plan de Reestructuración do Sector Lácteo presentado polo Ministerio de Agricultura para este ano 2006 prexudica gravemente os intereses dos gandeiros galegos, dado que, tanto o plan de abandono da producción láctea como o Fondo de cuotas que pretenden poñer en marcha teñen un ámbito de actuación puramente autonómico, co cal Galicia non vai recibir cuota procedente doutras Comunidades, como se viña facendo dende sempre.
De feito, a nova política ministerial establece por primeira vez, dende que existen as cuotas lácteas, que o 80% da producción que se abandone en cada Comunidade Autónoma repartiráse só entre os gandeiros desa comunidade, pasando o restante 20%, se sobra, á Reserva Nacional, o cal frustra a posibilidade de medre das explotacións galegas. E todo isto poñendo en marcha un plan que non é válido se vai ser anual, pero que tampouco valería si perpetuara a situación durante anos dado que só se redistribuirá cuota dentro de cada rexión.
Por este e por otros motivos que van claramente en contra dos intereses dos gandeiros galegos, e polo que as tres organizacións agrarias de Galicia (XXAA, UUAA, SLG), co apoio das Cooperativas, convocaron unha manifestación diante da Delegación do Goberno na Coruña para o mércores día 20 de setembro.
Xa que logo, o Concello de Carballo adopta o seguinte ACORDO:
1. O Concello de Carballo apoia a manifestación convocada polas organizacións agrarias de Galicia, reclamando que o Ministerio de Agricultura cambie o Plan de Reestructuración Lácteo anunciado para o ano 2006, de xeito que a cuota leiteira que abandonen os gandeiros españois debe ser redistribuida polo goberno central, cos mesmos requisitos para tódalas rexións, dando prioridade ás gandeirías de tamaño pequeno e mediano.
2. Remitir copia do presente acordo á Sra. Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Carballo, 20 de setembro de 2006.