12.10.06
O goberno tampouco convocou pleno para o mes de xuño

O 22 de xuño o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:
No mes de xuño tampouco convocaron o pleno ordinario
O PP DE CARBALLO DENUNCIA A ABSOLUTA OPACIDADE DO GOVERNO LOCAL
Carballo, xoves, 22 de Xuño de 2006.- Unha vez máis o tripartito carballés pon de manifesto o seu particular xeito de governar e de levar os asuntos do concello.
A proba máis evidente de que este equipo de governo non ten interés en debatir e poñer a suas actuacións de xeito claro e transparente, reside no feito de que aproveitan calquer período festivo para non convoca-lo correspondiente pleno ordinario.
No mes de xuño tampouco haberá pleno da corporación municipal, como se non houbera temas de suficiente importancia en Carballo que abordar de xeito inmediato. A actitude do alcalde, responsabel das convocatorias dos plenos, no ultimo ano non deixa de sorprender nunca: na mayoría dos plenos celebrados foron convocados sin asuntos de importancia que tratar. Ou ben, opta por non convocalo directamente, e así vai o concello.

O PP de Carballo está preocupado porque detrás de esta indolencia do alcalde, que repercute de xeito moi negativo sobre a normalidade democrática do concello, no que dende logo se ten dereito a celebración mensual das sesións plenarias, reside o intento de ocultar o traballo da oposición, que non se poñan de manifesto os erros da xestión municipal i en definitiva impedir a normal función de control e fiscalización da acción do governo.