12.10.06
O goberno olvida os accesos á praia de Leira
O 11 de agosto Novas Xeracións de Carballo emite esta nota de prensa:A praia de Leira continúa sen accesos
Carballo, 11 de agosto de 2006. No mes de febreiro deste ano as Novas Xeracións de Carballo denunciamos que a praia de Leira, unha das favoritas de moitos dos nosos veciños e visitantes, carecía de acceso público. Seis meses despois, e en plena tempada de verán, o Concello non tomou ningunha medida para solucionar ese problema.
Queremos lembrar que esta situación se debe á manifesta incompetencia do governo local, xa que xusto antes das elecións o anterior governo deixara preparada a apertura dunha pista que permitiría o acceso á praia de Leira, como acontece coa veciña praia da Arnela. Sen embargo, o novo governo non respectou a acordado cos veciños e a pista construiuse de modo discontinuo, impedindo ese acceso.
Nas fotografías que adxuntamos pode observarse que os vehículos vense na obriga de aparcar como poden nun solar privado, e as persoas teñen que chegar por un estreito camiño que tamén atravesa propiedade privada. As fotos tomáronse o pasado domingo día 6 en torno ás 16:00 horas, coa marea chea. Apréciase claramente a afluencia de turistas por toda a zona. Noutra foto pode verse a praia coa marea baixando.