13.10.06
O goberno ocultou un vertido no río Anllóns

O PP INSTA Ó TRIPARTITO A QUE EXPLIQUE POR QUÉ NON INFORMOU SOBRE O VERQUIDO DO RÍO ANLLÓNS
Carballo, xoves, 21 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo quere saber por qué o governo local non dou ningún tipo de información nin facilitou ningunha explicación sobre o verquido que afectou ó curso baixo do río Anllóns. Varios veciños confirmaron que, como consecuencia de dito vertido, apareceron peixes mortos nesa zona do río. Sen embargo, os representantes do tripartito parece ser que non se deron por enterados.
O que ten que facer o governo local, en lugar de escudarse nun silencio incomprensible, é determinar o alcance e a gravidade do verquido, e logo actuar en consecuencia e aplicar medidas concretas e eficaces. Dende logo, ocultando a información fáiselle un flaco favor á cidadanía e á opinión pública.
Dende o Partido Popular de Carballo instamos ó governo municipal a que faga pública toda a información que teña sobre este asunto e que explique logo qué medidas pensan adoptarse por parte do departamento correspondente. O que non se debe facer, en ningún caso, é quedarse de brazos cruzados.