12.10.06

 

O goberno oculta información sobre a revisión do PXOM

O 22 de xullo o PP emite a seguinte nota de prensa:

A pesar de que asumíu o compromiso de facelo no seu día

O EQUIPO DE GOVERNO NON FACILITA INFORMACIÓN Ó PP SOBRE A REVISIÓN DO PLAN XERAL

Carballo, sábado, 22 de Xullo de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar que o equipo de governo, fiel ó seu particular xeito de entende-la xestión municipal, non ten facilitado a máis mínima información sobre a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), a pesares de que se comprometeu a facelo no seu día.

Hai que lembrar que, xa no mes de marzo deste ano, ante os sucesivos retrasos que acumulaba a revisión do PXOM, o PP presentou unha moción na que solicitaba a constitución dunha comisión informativa especial de seguimento do Plan.

Naquel momento, retiramos a moción tralo compromiso do goberno de entregar á oposición a documentación pertinente para ser analizada na comisión informativa de Urbanismo, fixando como plazo máximo o pasado mes de maio. Como ven sendo habitual, volveron a incumplir a súa palabra.

Ésta é a forma de actuar do tripartito carballés, que primeiro asume un compromiso –neste caso concreto o de facilitar información puntual sobre a revisión- e logo incumpreo sistemáticamente sen que lle preocupe o máis mínimo.

Oxalá nos equivoquemos, pero, segundo os rumores que circulan, moito nos tememos que o motivo desta ocultación de información sexa escurrir o bulto e non dar a cara para non ter que explicar a perda da edificabilidade que prometera o goberno municipal para a zona costeira. Unha vez máis, as promesas demagóxicas do goberno non teñen nada que ver coa realidade.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?