12.10.06

 

O goberno non previu o problema do mantemento dos parques


O 18 de xullo o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa:

O PP LAMENTA A ACTITUDE DO GOVERNO NO PROBLEMA DOS TRABALLADORES DO SERVICIO DO MANTENEMENTO DOS XARDINS MUNICIPAIS

Carballo, martes, 18 de Xullo de 2006.- O PP de Carballo quere reiterar a súa preocupación polo perxuizo que supón para os xardíns e as zonas verdes do concello o feito de que, nestes intres, non se sepa moi ben cal é a postura do governo local en relación con este asunto tra-lo remate da concesión ca empresa Eulen.

As manifestacións do concelleiro de Manteñemento, Luis Lamas, evidencian que a imprevisión e a falta de criterio son a tónica constante na xestión do governo local. Non é de recibo que, a estas alturas, en pleno mes de xullo, non se sepa aínda que solución se lle vai dar a algo tan importante como é o cuidado dos espacios verdes do municipio. O Concelleiro terá que dar algunha explicación de cal é o modelo de xestión e porqué non se ten feito nada ata o de agora.

O PP lamenta as infortunadas declaracións do concelleiro de servicios o respecto do problema laboral creado despreocupándose e abandoando os traballadores que prestaban este servicio municipal, cuxa situación actual, independentemente de cal sexa a empresa concesionaria, merece a atención do governo. Son varios traballadores, algúns con moitos anos de antigüedad os que perden o seu posto de traballo, e esa situación sempre ten que ser unha preocupación de un governo responsabel.

Non só non se preocuparon en todo este tempo de crear zonas verdes en Carballo, senón que ademáis ca súa actitude indolente e despreocupada aínda contribúen a que se deterioren máis as xa existentes.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?