13.10.06
O goberno admite agora que ocultou o vertido do Anllóns

Mentiron primeiro no caso do verquido do río Anllóns e logo víronse obrigados a admitilo
O PP DE CARBALLO DENUNCIA O OSCURANTISMO DO GOVERNO TRIPARTITO
Carballo, mércores, 27 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar, unha vez máis, que o Governo tripartito non actúa con transparencia e non dubida en ocultar información á opinión pública se o considera oportuno. O PP instou a pasada semana ó Governo local a que explicase por qué non tiña informado sobre o verquido que afectou ó curso baixo do río Anllóns. En lugar de ofrecer unha explicación convincente, dende o concello negouse que se producira algún verquido e simplemente se dixo que alguien tirara unha caixa de xurelos,
No pleno do pasado luns, o concelleiro de Servicios e Manteñemento, Lois Lamas, a unha pregunta do Partido Popular, apuntou que o pasado venres recibíu un informe de Aquagest en relación a unha avería producida na depuradora o día 11 deste mes. Segundo explicou, o fallo ocurríu pola rotura dunha tubería durante uns traballos de manteñemento.Quere isto decir que, ante a denunciada formulada inicialmente polo PP, primeiro apresuráronse a negar calquer incidencia, ocultando a información e mentindo ós cidadáns, e logo admitiron que sí se producira unha avería.
Pero, ademáis, o PP de Carballo ten constancia de que hai un informe da Consellería de Medio Ambiente que confirma a existencia dun verquido contaminante que provocou unha mortandade de troitas.
Episodios como o do verquido no río Anllóns evidencian que o Governo local actúa con oscurantismo e manexa a información ó seu antoxo. Os cidadáns de Carballo demandan unha explicación clara que, de xeito incomprensible, se lles nega.