13.10.06

 

O entorno da parroquia de Rus tamén sufre o abandono municipal

O 29 de setembro o PP de Carballo fai pública esta nota de prensa:

VECIÑOS DE RUS ASEGURAN QUE O CONCELLO NON SE PREOCUPA POR CONSERVA-LO ENTORNO DA PARROQUIA

Carballo, venres, 29 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo quere facerse eco da preocupación dos veciños do lugar de Barís, na parroquia de Rus, que denuncian o abandono por parte do concello da zona verde que se acondicionou no seu momento. Os veciños aseguran que a parte do xardín que é onde está o muiño non se tocou dende que se fixo o deslinde co Concello de Coristanco.

As barbacoas están rotas e o recente temporal provocou ademáis o derribo de varios árbores que obstaculizan o camiño. Algúns deles incluso caeron ó rio. Ante esta situación, o governo local, non fai absolutamente nada.

Ademáis, a depuradora de augas residuais, que se atopa a uns cen metros e que da servicio ás parroquias de Rus e Ardaña, tamén se atopa nun estado lamentable e ninguén do concello se preocupou por ela.

Esta situación, a que hai que engadir o estado en que se atopan os xardíns da praza do concello e do Anllóns, poñen de manifesto, ademáis da súa imprevisión e irresponsabilidade, que o governo tripartito non se preocupa en absoluto pola conservación das zonas verdes do concello.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?