12.10.06

 

O alcalde di que o centro "non é zona de paseo"


O 26 de xuño o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:

O TRIPARTITO PERXUDICARÁ GRAVEMENTE A CARBALLO SE PERSISTE EN SACAR ADIANTE O SEU PROXECTO PARA A PRAZA DO CONCELLO

Carballo, luns, 26 de Xuño de 2006.- O equipo municipal de goberno, non satisfeito con perseverar nos seus erros, pretende confundir ós carballeses con medias verdades e falsedades manifestas.

Tal como está, o proxecto que baralla o tripartito para a Praza do Concello -o parking soterrado e o centro comercial- afectará e prexudicará de xeito decisivo ós cidadáns, non só porque suporá un impacto urbanístico de consecuencias negativas para Carballo, senón tamén porque ese proxecto levará aparellada a eliminación de moitas prazas de aparcamento que agora son gratuitas e de 830 metros cadrados de praza e zona verde.

O PP non se opón nin se opuso nunca a construir un parking soterrado no centro –de feito, a idea foi nosa-, pero sí nos opoñemos nas condicións en que agora pretende facelo o tripartito. Non estamos dacordo con eliminar prazas de aparcamento que agora son gratuitas, e moito menos en perder 830 metros cadrados de praza e zona verde. Esto último foi recoñecido públicamente polo alcalde, cando se atreviu a decir (está publicado na prensa do pasado domingo) que "o centro non é zona de paseo". Esas declaracións demostran que o tripartito asume que é bo perder espazo de disfrute público para entregarllo gratis a unha empresa privada (centro comercial). Esa é a verdadeira visión que ten o alcalde do xardín e da Praza de todos. Que llo explique ós carballeses e carballesas que aínda se van sentar ou pasear ó xardín, ou ós pais e nais que levan os nenos ó parque. Para eso, que non conten con nós. O Partido Popular non será cómplice da aniquilación dos espacios públicos e de lecer con que conta Carballo.

Resulta francamente preocupante o desdén do que fai gala o alcalde, Evencio Ferrero, cando se trata de escoitar e de ter en conta as opinións do grupo maioritario da corporación. O PP sempre deixou moi claro que non se opón ó proxecto dun parking soterrado e para iso xa divulgou a súa alternativa, unha alternativa sensata e realizable que beneficiaría os carballeses en lugar de perxudicalos.

Se realmente queren o mellor para os cidadáns de Carballo, agora teñen unha ocasión inmellorable para demostralo, discutíndoo co grupo maioritario e coas asociacións de comerciantes. Persistir no seu erro e negarse a escoitar as suxerencias dos demáis non é máis que pura obcecación, soberbia e irresponsabilidade.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?