12.10.06

 

Novas Xeracións consigue que se limpe a escombreira da zona escolar

Novas Xeracións de Carballo emite a seguinte nota de prensa o 27 de xullo de 2006:

O goberno local só reacciona cando se lle pon en evidencia

O TRIPARTITO DE CARBALLO MANTÉN OS SOLARES NUN ESTADO LAMENTABLE

Carballo, xoves, 27 de Xullo de 2006.- No mes de abril as Novas Xeracións de Carballo denunciamos as mentiras do goberno local na súa suposta campaña de “limpeza de solares”, e a lamentable situación da grande maioría dos solares situados no núcleo urbano. Como caso máis sangrante sinalamos un vertedoiro situado en fronte do instituto Alfredo Brañas.

Ante a nula iniciativa do Concello hai un mes volvemos a denunciar a situación, que os xornais locais recolleron cunha fotografía da escombreira. Só a raíz da publicación da noticia o Concello procedeu agora a retirar o escombro, e vallar o recinto para “evitar” que se tire máis. O que o Concello non recoñéce é que, tal e como demostramos, era precisamente o propio Concello un dos que tiraban lixo.

Novas Xeracións alegrámonos de que por fin o goberno nos teña escoitado, pero lamentamos que sexa só porque se lle puxo en evidencia con imaxes. Vistos os resultados aproveitamos para lembrar que hai moitos máis solares en situación similar. Por exemplo, o situado ó pé da sinal de 50 na saída da estrada de Ordes.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?