14.10.06

 

Evencio tenta apuntarse o mérito das licencias de obra

O 5 de outubro o Partido Popular de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:

O PP DE CARBALLO DENUNCIA O OPORTUNISMO POLÍTICO DO ALCALDE EN RELACIÓN CA CONCESIÓN DE LICENCIAS DE OBRAS

Carballo, xoves, 5 de Outubro de 2006.- O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recurre ó oportunismo político máis descarado cando anuncia, de xeito constante, a gran cantidade de licencias de obras que se conceden no pobo. Hai outros concellos da zona onde se concederon tantas ou máis que aquí e non o están proclamando continuamente. Pero, ademáis, o alcalde sabe moi ben que esa circunstancia non é atribuible a unha brillante xestión, senón á entrada en vigor do novo código técnico de edificación. Sen embargo, él pretende apuntarse un tanto político ofrecendo a información manipulada ós cidadáns.

O que ten que explicar o alcalde, en lugar de adicarse a dar brindis ó sol, é por qué se está retrasando tanto o desenvolvemento do Plan Xeral e, sobre todo, por qué en catro anos non se desenvolveu ningún polígono e cambiouse ata tres veces o criterio no que atañe ó desenvolvemento do Plan Xeral, circunstancia que pon de manifesto a política errática e sen criterio do tripartito en materia urbanística.

No ano 2003 aprobouse dentro do Plan Xeral, cando governaba o PP, o sistema de cooperación para o desenvolvemento dos polígonos. Neste sistema, é o propio concello o que toma a iniciativa á hora de executa-las estratexias urbanísticas correspondentes. Cando o governo tripartito chegou ó poder, cambiou este sistema polo de compensación -neste son os propietarios os que toman a iniciativa en lugar do concello.

Pois ben, tres anos máis tarde atopámonos con que o governo tripartito non fixo absolutamente nada e, ademáis, o concelleiro de Urbanismo, sr. Andrade, afirma que algúns polígonos do Plan Xeral vanse tramitar polo sistema de cooperación, que foi precisamente o sistema que eles rexeitaron no seu momento. Esto da unha idea dos criterios que siguen en materia urbanística. É decir, que nin eles mesmos saben o que fan.

A todas estas cuestións ten que responder, sen demora, o alcalde de Carballo en lugar de tratar de apuntarse méritos políticos que non lle corresponden.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?