14.10.06
Evencio négalle á oposición o acceso ás actas da mesa de negociación

Outro exemplo de ocultación e falta de transparencia
O ALCALDE NEGA Ó PP O ACCESO ÁS ACTAS DA MESA DE NEGOCIACIÓN
Carballo, xoves,12 de outubro de 2006.- Unha vez máis, prodúcese en Carballo un episodio que demostra a ocultación e total falta de transparencia que preside a actuación do goberno municipal. Indefectiblemente, o Alcalde nega ós concelleiros do PP o aceso á documentación municipal. Poderíamos poñer moitos exemplos que así o veñen acreditando.
A última ocasión produciuse onte, mércores, cando o Alcalde nos impediu, xa non sacar copia, senón siquiera ler as actas das Mesas de Negociación celebradas entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores municipais.
O dereito de todo concelleiro a examinar os expedientes para desenvolver o seu labor forma parte dun mínimo respeto democrático ós lexítimos representantes dos cidadáns, e así o recolle a Lei: "Todos los miembros de las Corporaciones Locales tienen derecho a obtener del Alcalde o Presidente o de la Comisión de Gobierno cuantos antecedentes, datos o informaciones obren en poder de los servicios de la Corporación y resulten precisos para el desarrollo de su función" (artigo 14 do R. D. 2568/1986, Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais).
O Alcalde conculcou unha vez máis o noso dereito. Neste caso, ademáis de concelleiros somos membros de varios tribunais calificadores das probas de selección de persoal, polo que a nosa petición de exame desa documentación cobra aínda maior sentido, xa que debemos saber qué opinan os representantes dos traballadores sobre as Bases de selección de persoal aprobadas polo Alcalde.
Esta ocultación e falta de transparencia só é explicable desde o punto de vista de quen ten algo que ocultar. Se non, non tería sentido. Por eso, o Alcalde non fai senón alimentar a sospeita de que, tamén neste caso, se teñan producido irregularidades na aprobación das Bases de selección de persoal ou no proceso selectivo.
Por esta razón, onte vímonos na obriga de solicitar por escrito que se nos entreguen as copias das actas da Mesa de Negociación, así como os informes xurídicos que existan do Secretario Municipal ó respeito.