14.10.06
Deputación e Andrade desacredítanse mutuamente ante o silencio do alcalde
O 3 de outubro o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa: Esixe que o alcalde se pronuncie e desautorice ó concelleiro de Urbanismo ou ben saia a defende-los intereses dos carballeses
O PP DE CARBALLO LAMENTA O ENFRONTAMENTO ENTRE A DEPUTACIÓN E ANDRADE
Carballo, martes, 3 de Outubro de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar, por insólita e lamentable, a disputa que mantén a Deputación Provincial da Coruña co concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, a propósito dun suposto compromiso para o intercambio de viales entre esta institución e o concello carballés. Se o enfrontamento produce perplexidade, máis sorprendente resulta o silencio cómplice do alcalde cando se está cuestionando ó seu concelleiro de Urbanismo.
O que ten que facer o alcalde de Carballo é aclarar se é verdade que a deputación non se comprometeu e, nese caso, reprender ó seu concelleiro por mentir ou ben, en caso contrario, saír a defende-los intereses dos carballeses rápidamente.
É insólito e bochornoso asistir a un espectáculo no que a Deputación Provincial polemiza cun concelleiro do governo local, mentras o alcalde mira para outro lado e parece que non ten nada que dicir. Actitudes como ésta sumen ó tripartito nun absoluto descrédito e, o que é máis grave, contribúen a que os cidadáns deixen de confiar por completo naqueles que os representan.
Unha vez máis, e xa van moitas, ponse de manifesto que o concelleiro de Urbanismo non defende con seriedade nin rigor os intereses dos carballeses. Agora é a propia Diputación a que lle enmenda a plana e encima lle di que manteña como é debido ó viais que son de competencia municipal.