13.10.06

 

Carballo pide información para albergar un cemiterio nuclear

O 7 de setembro de 2006 o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa:
Carballo foi un dos 65 municipios da península que solicitou a Industria información sobre a ubicación dun almacén nuclear

O PP DENUNCIA QUE O GOVERNO LOCAL ATEMORIZA ÓS CIDADÁNS

Carballo, xoves, 7 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar a incertidume e ata o temor que provocan nos cidadáns algunhas iniciativas do tripartito. Só o feito de que Carballo sexa un dos 65 municipios da península (o segundo de toda España) que se interesaron en albergar un almacén dos residuos radiactivos de toda a nación, dá unha lixeira idea de por qué este governo local perdeu o norte.

O que verdadeiramente nos preocupa no Partido Popular é que da a impresión de que Carballo está nas mans de irresponsables que só teñen iniciativas que atemorizan á poboación.

Por desgracia, hai varios exemplos nos últimos días que xustifican plenamente os nosos temores: desde chamarlle "cloaca" ó Anllóns (Sr. Andrade), ata o colmo do asunto do cemiterio nuclear. Está claro que este governo está en mans de irresponsables. E o peor de todo é que, segundo declaraba o edil de Comercio Pérez Ferreiro a un diario nacional, "me gustaría tener el cementerio nuclear porque creo que es seguro".

¿Qué podemos esperar destes governantes? Cada un polo seu lado, e o sentido común hai moito tempo que non habita na Casa do noso Concello.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?