14.10.06

 

BNG e Andrade atácanse mutuamente nos medios de comunicación

O 11 de outubro o PP de Carballo emite esta nova nota de prensa para saír ó paso dos cruces de declaracións entre Manuel Andrade e o Bloque Nacionalista Galego:

O PP DENUNCIA QUE O GOVERNO TRIPARTITO SUBORDINA ÓS INTERESES DOS CARBALLESES ÁS SÚAS DISPUTAS POLÍTICAS PARTICULARES

Carballo, mércores, 11 de Outubro.- As declaracións do máximo responsable do CDI carballés, Manuel Andrade, poñen de manifesto a absoluta falta de responsabilidade e a deriva á que vai o governo tripartito. Resulta bochornoso e lamentable que, en lugar de preocuparse por defende-los intereses dos cidadáns, o sr. Andrade e os seus compañeiros de governo estén máis preocupado polo rédito político que lle poden reportar determinadas actuacións.

Se non é de recibo e produce perplexidade que agora alente rivalidades políticas cos seus socios do BNG, para ver quen é de colgarse máis medallas, máis bochorno provoca aínda que o exteriorice, que admita públicamente, en definitiva, que o único que lle interesa a estas alturas é situarse o mellor posible na parrilla de saída de cara as vindeiras eleccións municipais. A responsabilidade, o compromiso cos cidadáns de Carballo e o traballo ben feito quedan relegados a un segundo plano se do que se trata é de salvaguarda-los intereses políticos do responsable do CDI.

Non saen moito mellor parados os membros do BNG, que nesta tola carreira por apuntarse méritos políticos, empregan toda a munición ó seu alcance para quedar mellor retratados na foto de familia que o seu socio de governo. O último exemplo tivémolo co propio alcalde, que non dubidou en xactarse das moitas licencias de obras que se concedían en Carballo, como se esa circunstancia fose atribuible exclusivamente á súa brillante xestión .

Este é, en definitiva, o governo do sálvese quen poida. Da medo pensar, se agora se poñen así que aínda faltan oito ou nove meses para as eleccións municipais, que ocurrirá cando falte moito menos.
O que tería que facer o tripartito é ser serio, adicarse a governar, a non traicionar os compromisos contraídos cos cidadáns de Carballo e, sobre todo, adicarse a amañar as súas liortas políticas sen escenificalas públicamente porque, dende logo, os carballeses non se merecen un espectáculo coma ese.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?