12.10.06

 

As rúas de Carballo tamén sufren o abandono do goberno municipal


O 21 de xullo o PP emite a seguinte nota de prensa:

O PP DE CARBALLO DENUNCIA QUE MOITAS RÚAS DE CARBALLO OFRECEN UN ASPECTO DESCUIDADO

Carballo, venres, 21 de Xullo de 2006.- O PP de Carballo quere expresar a súa preocupación polo lamentable estado en que se atopan as rúas de Carballo, moitas delas incluso en pleno centro urbano.

Este descuido é directamente imputable ó equipo de governo municipal, que non se preocupa de resolver as cuestións que realmente afectan e preocupan ós cidadáns. É inaceptable que, plena temporada de verán, moitas beirarrúas rúas de Carballo presenten un aspecto descuidado, incluso con terra procedente de desmontes.

Ademáis, como consecuencia da imprevisión do goberno, a Brigada de Obras tense que adicar a labores que non son as súas, como por exemplo o mantemento dos xardíns e das zonas verdes, e esa circunstancia tamén contribúe a que se acentúe o problema. A proba de que o estado das rúas preocupa e moito estriba no feito de que numerosos veciños se dirixiron ó PP nos últimos días para transmitirnos a súa preocupación por esta cuestión.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?