14.10.06
As augas fecais verten directamente ó río de Rebordelos

O PP DE CARBALLO DENUNCIA O VERQUIDO DE REBORDELOS
Carballo, venres, 13 de Outubro de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar a situación na que se encontra o entorno do río que pasa pola parroquia de Rebordelos. Ó non haber depuradora, o verquido das casas máis próximas faise directamente ó río, o que supón un deterioro medioambiental importante.
Non é de recibo que un governo local, que se vanagloria con frecuencia de ter unha importante sensibilidade ecolóxica e medioambiental, deixe por pura desidia que situacións como ésta se agraven e se prolonguen no tempo sen facer absolutamente nada por remedialo.
Xa hai antecedentes de sobra que poñen de manifesto que o governo tripartito de Carballo pasa por completo da conservación do medio ambiente. Un dos exemplos máis claros témolo no cuidado dos parques e xardíns do concello, que se atopan nun estado de abandono lamentable.
O que ten que facer este governo, no caso de Rebordelos e noutros máis, é poñerse a traballar e cumprir co compromiso que teñen contraído con tódo-los carballeses.