14.10.06

 

Andrade mentiu sobre un suposto convenio coa Deputación

O 4 de outubro o PP de Carballo fai pública esta nota de prensa:

O PP DE CARBALLO DENUNCIA OS ENGANOS DE ANDRADE

Carballo, mércores, 4 de Outubro de 2006.- A táctica política do concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, é a de vender fume e enganar de xeito sistemático á opinión pública, como volve a poñerse agora de manifesto, en relación cas súas declaracións sobre a existencia dunha suposto convenio ca Deputación Provincial para modifica-la titularidade dalgunhas vías de comunicación.

Hai que aclarar que, en contra do que él argumenta, non hai ningún convenio asinado co organismo provincial, senón tan só unha proposta feita desde o Concello de Carballo, que agora descubrimos que a Diputación nin sequera tivo en conta. Xa o avisamos públicamente naquel momento, cando, nunha decisión puramente propagandística, Andrade levou ó Pleno do Concello unha proposta para transferirlle determinadas vías á Diputación. Dixemos entón que non había nada en firme, que era un "brindis ó sol", xa que eso precisaba dun consentimento da Diputación que non existía. Ano e medio despois, os feitos véñennos dar a razón. Andrade non ten inconveniente en enganar e manipular con tal de satisfacer as súas pretensións políticas. Xa ten antecedentes dabondo nese xeito de proceder, como xa se demostrou no asunto do porto deportivo de Razo, ou no famoso Campo de Golf, ou o que está facendo agora co Plan Xeral, vendéndolle políticamente favores ós seus amigos en forma de recalificacións de terreos que finalmente non se van a materializar porque sencillamente non van a pasar o filtro da Xunta.

O concelleiro de Urbanismo recurre ó engaño permanente e sistemático como forma de facer política. Así, non só contribúe ó seu descrédito, senón que ademáis prexudica gravemente os intereses de Carballo e dos seus cidadáns. O asunto do convenio ca Deputación sobre as vías de comunicación é un episodio máis dentro do amplio inventario dos seus despropósitos políticos.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?