13.10.06

 

Andrade critica que o PP faga oposición

Logo das manifestacións de Manuel Andrade, nas que criticaba a oposición que estaba a desenvolver, o PP de Carballo emite esta nota de prensa:

ANDRADE TEN QUE ADICARSE A GOVERNAR E NON A INSULTAR Á OPOSICIÓN

Carballo, luns, 18 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo ten un compromiso contraído cos seus votantes e, por extensión, con tódo-los carballeses e, dende logo, o que non vai facer é entrar na espiral de insultos e descalificacións na que tan a gusto parece encontrarse o sr. Andrade. O que ten que facer, dende a súa condición de membro do governo local, é atender e preocuparse polos problemas do pobo, que non son poucos e non admiten demora na súa resolución.

O PP de Carballo débese ós seus votantes e ós cidadáns en xeral e, con arreglo a ese prantexamento, traballa dende a responsabilidade e a seriedade na procura de maiores cotas de benestar para o pobo. O demáis, como as manifestacións extemporáneas e insultantes do concelleiro de Urbanismo, sencillamente sobra.

Dende logo non son con insultos e con imputacións personais fora de lugar cómo se traballa polo ben xeral de Carballo. As manifestacións de Andrade descalifícano a él e déixano no lugar que lle corresponde.

A prioridade do PP foi, é e será traballar polo benestar de Carballo e defender os seus intereses dende a responsabilidade e o rigor. O que non vamos facer, en ningún caso, porque sería defraudar ós cidadáns que esperan solucións eficaces ós problemas que ten prantexado o pobo, é contribuir a avivar unha insensata dinámica de insultos e descalificacións personais que non benefician a nadie.

Que o señor Andrade se preocupe de governar, que para iso lle encomendaron esa responsabilidade, e sobre todo que non faga uso dela para adicarse a insultar ós demáis. No PP de Carballo sabemos onde estamos e o lugar que ocupamos. Lamentablemente, non podemos deci-lo mesmo en moitas ocasións dos que nos governan.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?