13.10.06
Andrade cambia de criterio no PXOM, que continúa sen desenvolver ningún polígono

En tres anos non se fixo absolutamente nada para desenvolve-los polígonos do Plan Xeral
O PP DENUNCIA A POLÍTICA ERRÁTICA E SEN CRITERIO DO TRIPARTITO EN MATERIA URBANÍSTICA
Carballo, xoves, 14 de Setembro de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar a política absolutamente errática e sen criterio que, en materia urbanística, aplica o governo tripartito e o seu concelleiro de Urbanismo, o señor Andrade. Cas súas accións o único que poñen de manifesto é que están dando paos de cego.
No ano 2003 aprobouse dentro do Plan Xeral, cando governaba o PP, o sistema de cooperación para o desenvolvemento dos polígonos. Neste sistema, é o propio concello o que toma a iniciativa á hora de executa-las estratexias urbanísticas correspondentes.
Cando o governo tripartito chegou ó poder, cambiou este sistema polo de compensación –neste son os propietarios os que toman a iniciativa en lugar do concello-.
Pois ben, tres anos máis tarde atopámonos con que o governo tripartito non fixo absolutamente nada e, ademáis, o concelleiro de Urbanismo afirma que algúns polígonos do Plan Xeral vanse tramitar polo sistema de cooperación, que foi precisamente o sistema que eles rexeitaron no seu momento. Esta circunstancia da unha idea dos criterios que seguen en materia urbanística. Ou sexa, non saben nin o que fan. Por se iso non fose suficiente, o PP de Carballo quere denunciar tamén ante a opinión pública que, recentemente, as partidas destinadas á desenvolve-lo Plan Xeral foron suprimidas como tal e transferidas a outras, co obxecto de que o señor Andrade poida utilizalas de xeito clientelar. Ésta, como noutros eidos da vida municipal, é a política urbanística que segue un governo que xa ten esgotado por completo o seu crédito e, en lugar de governar, adícase a dar bandazos dun lado para outro.
Pois ben, tres anos máis tarde atopámonos con que o governo tripartito non fixo absolutamente nada e, ademáis, o concelleiro de Urbanismo afirma que algúns polígonos do Plan Xeral vanse tramitar polo sistema de cooperación, que foi precisamente o sistema que eles rexeitaron no seu momento. Esta circunstancia da unha idea dos criterios que seguen en materia urbanística. Ou sexa, non saben nin o que fan.
Por se iso non fose suficiente, o PP de Carballo quere denunciar tamén ante a opinión pública que, recentemente, as partidas destinadas á desenvolve-lo Plan Xeral foron suprimidas como tal e transferidas a outras, co obxecto de que o señor Andrade poida utilizalas de xeito clientelar.
Ésta, como noutros eidos da vida municipal, é a política urbanística que segue un governo que xa ten esgotado por completo o seu crédito e, en lugar de governar, adícase a dar bandazos dun lado para outro.