12.10.06
Alberto Sueiro, novo presidente do PP de Carballo

O acto serviu de despedida do anterior presidente do partido, Marcelino Collazo, e para proclamar como novo presidente, por aclamación, a Alberto Sueiro. Sueiro tivo palabras de agradecemento para Collazo e para Manuel Varela, destacou a capacidade de renovacion do Partido Popular, mentres que outros candidatos "levan 30 anos no salón de plenos", e sinalou que este congreso tiña que servir como relanzamento do partido de cara ás próximas eleccións.
No acto tamén participou o secretario xeral do PPdeG Alfonso Rueda, quen excusou a presencia de Alberto Núñez Feijoo por ter outros compromisos, e houbo un momento para a emoción cun brillante vídeo realizado por José Luis Castro no que se lembraba a historia do PP de Carballo.
A única lista presentada e aprobada é a seguinte:
Presidente: ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, Secretario Xeral: JUAN CARLOS CASTRO POMBO, Tesoureiro: JUSTO MARTÍNEZ BALVÍS, Vocais: ÓSCAR ALONSO RAMOS, MANRIQUE ANTELO AGRELO, DOLORES ANTELO VARELA, JESÚS MANUEL BELLO TAIBO, ANTONIO BOLÓN MORALES, MANUEL CANCELA SANDE, ANA CANTELAR GARCÍA, JUAN JOSÉ CASTRO BARCA, JOSÉ LUIS CASTRO COUTO, MONTSERRAT CERQUEIRO GESTO, JAVIER COLLAZO MARTÍNEZ, MARCELINO COLLAZO PARDO, LUIS MANUEL FACAL LEMA, JAVIER FERREIRO AÑÓN, JESÚS FERREÑO FERREIRO, DAVID FERREÑO VARELA, MIGUEL ÁNGEL FUENTES MÉNDEZ, HÉCTOR GARCÍA ANDRADE, MARCIAL GARCÍA LÓPEZ, PEDRO INSUA MUÑIZ, BELÉN INSUA TRIGO, JOSÉ LADO LAMAS, JORGE LAMAS VILANOVA, BELÉN MATO POMBO, JOSÉ ANTONIO MATO POMBO, JOSÉ DANIEL MUÍÑO GARCÍA, MARIANO MUÑIZ REGUEIRA, ESPERANZA PAN COLLAZO, ALBERTO POSE TABOADA, RAMÓN PUÑAL BARDANCA, OLGA PUÑAL FIEIRA, ELISEO PUÑAL LÓPEZ, JOSÉ MANUEL PUÑAL LORENZO, JOSÉ ANTONIO RAMA ESTRAMIL, JOSÉ RAMÓN RAMA RODRÍGUEZ, JOSÉ MANUEL REY COTELO, SALOMÉ RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, PILAR SANTOS MUÑIZ, RAMÓN TAIBO VILLAR, JUAN JOSÉ VALES CAAMAÑOJ, UAN JOSÉ VARELA CASTIÑEIRAS, ADRIANA VARELA GONZÁLEZ, MARGARITA VARELA LEMA, MANUEL VARELA REY, ROCÍO VÁZQUEZ MARTÍNEZ, JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ TRIGO, JUAN JOSÉ VILA SEOANE.