1.6.06

 

Quedan ó descuberto as mentiras do goberno no porto de Razo


O día 19 de maio o Partido Popular de Carballo emite unha nota na que deixa ó descuberto que o goberno local mentía na súa promesa dun porto deportivo en Razo:
O PP DE CARBALLO DENUNCIA AS MENTIRAS DO GOVERNO LOCAL EN RELACIÓN CO PORTO DEPORTIVO DE RAZO

Carballo, venres, 19 de Maio de 2006.- O anuncio formulado hoxe polo Presidente de Portos de Galicia, Vicente Irisarri, de que dado o seu elevado custo, resulta inviable a construcción dun porto deportivo en Razo, deixa escandalosamente en evidencia ó governo municipal e acredita dabondo cal é a súa verdadeira natureza: a duns vendedores de fume que non teñen capacidade para desenvolver unha xestión seria e, polo tanto, entréganse a irresponsables exercicios de funambulismo político.

Sen fundamento algún, os membros do governo municipal, e de xeito particular o seu concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, que chegou a encargar ata a elaboración de dous anteproxectos nos últimos años, cansáronse de asegurar que Razo contaría cun porto deportivo. Desgraciadamente para os carballeses, a realidade acábase impoñendo e pon ó governo municipal no seu sitio.

Xeneraron unhas expectativas ós carballeses e agora vemos como as súas promesas, falsas e sen contido, quédanse en nada. Encima teñen a osadía de facer balances de governo triunfalistas.

Dende o PP, e tras este novo fiasco que non será o último, preguntámonos agora se ésta é a xestión seria e eficaz da que pode presumir o alcalde e o seu governo tripartito.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?