21.6.06

 

O terceiro xulgado de Carballo, excluido entre os de nova creación


O 14 de xuño o PP de Carballo emite esta nota de prensa:
A pesar de que o Conselleiro da Presidencia ,o Alcalde e o concelleiro de Facenda o daban por feito, o xulgado de 3ª instancia non figura entre os novos que se crean

O GOVERNO DO PSOE VOLVE A ESQUEZER A CARBALLO E NON CREARÁ O 3º XULGADO, A PESARES DE TELO COMPROMETIDO

Carballo, martes, 14 de Xuño de 2006.- A recente publicación no BOE do Real Decreto 708/2006, de 9 de Xuño, polo que se crean 20 novos xulgados en España, e onde non figura o de Carballo, volve a por unha vez máis en evidencia a absoluta falta de credibilidade dos compromisos dos membros do governo da Xunta respecto a Bergantiños.

Nestes intres funcionan en Carballo dous xulgados mixtos –primeira instancia e instrucción- que se reforzaron cun total de catro xuices, dado o volume que xenera a bisbarra. O gran número de asuntos foi o principal argumento esgrimido na última década para reclamar a creación da terceira sala.

Outra volta mais ponse de evidencia o maltrato a Bergantiños e a Costa da Morte o privarnos de un servizo altamente demandado e que conta co apoio de todolos sectores politicos, economicos e sociais.

Na sua politica de propaganda continua e permanente, os integrantes do tripartito carballés, e particularmente o Alcalde de Carballo e o concelleiro socialista de Facenda, José Antonio Viña, afirmaron unha e outra vez que o terceiro xulgado de 1ª Instancia estaría funcionando en Carballo no tempo que permitiran os trámites administrativos que hai que facer, tal e como apareceu recollido nos medios de comunicación.

O concelleiro socialista realizara esas manifestacións ó remate dunha entrevista mantida por él e o alcalde co conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, a finais de marzo deste ano. O concelleiro de Facenda afirmou, tra-la entrevista, que xa estaba comprometida tanto a dotación de mobiliario como a de persoal.

Por desgracia, este equipo de governo xenerou unhas expecativas infundadas con declaracións interesadas e triunfalistas e, agora, a realidade volveos a poñer no seu sitio, defraudaudando as expectativas dos cidadáns con declaracións oportunistas que non son máis que brindis ó sol e que logo a realidade encárgase de desenmascarar.

O Partido Popular vai a continuar na sua demanda permanente para que se incrementen todas as medidas que teñan por obxetivo mellorar a seguridade cidadan e que signifiquen melloras na prestación de servicio básicos coma o da administración de xustiza.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?