1.6.06
O PP insiste no tema da inseguridade cidadá

O 30 de maio o Partido Popular de Carballo emite esta nova nota de prensa:
O PP REAFÍRMASE NA DENUNCIA FORMULADA SOBRE A INSEGURIDADE CIDADÁN EN CARBALLO
· A denuncia está avalada polos datos divulgados polo sindicato maioritario da Garda Civil
· Resulta fundamental reactivar e dotar de maior operatividade a Comisión Informativa de Seguridade, que foi unha iniciativa do PP
· PSOE e BNG rexeitaron o ano pasado no Parlamento unha iniciativa do deputado do PPdeG, Alberto Sueiro, para aumenta-las dotacións e da garda civil en Bergantiños i establecer a Policia Nacional en Carballo, que fora aprobada no Pleno da Corporación.
Carballo, venres, 26 de Maio de 2006.- O PP de Carballo quere lembrarlle ó BNG que a nosa denuncia sobre a inseguridade cidadán no municipio está avalada polos datos divulgados, fai dous días, pola AUGC (Asociación Unificada de Gardas Civís), que é o sindicato maioritario do instituto armado.
Polo tanto, resultan incomprensibles e fora de lugar as imputacións formuladas polo BNG no senso de que a nosa denuncia terxiversa a realidade. Os datos e as cifras están ahí e saíron publicados nos medios de comunicación.
O PP de Carballo tamén se reafirma, unha vez máis, na necesidade de que o concello dote da operatividade axeitada a comisión informativa de seguridade, que foi unha iniciativa nosa. Consideramos que o asunto da seguridade cidadán, tal e como mantivemos sempre, é unha cuestión absolutamente prioritaria ca que non se deben escatimar esforzos.
Ademáis, o PP quere suliñar que Carballo é a población, do seu tamaño, que ten unha prantilla de policía local máis reducida. Nese senso, hai que lembrar que tanto PSOE coma BNG rexeitaron, o ano pasado, no Parlamento galego, unha iniciativa formulada polo deputado do PPdeG, Alberto Sueiro, relativa ó incremento das dotacións tanto da policía nacional como da garda civil en Carballo e Bergantiños.