20.6.06
O mal estado dalgunas beirarrúas causa accidentes

O día 7 de xuño de 2006 o PP de Carballo denuncia a seguinte situación:
A mala colocación das baldosas supón un serio perigo para os transeúntes
O PP DE CARBALLO DENUNCIA O MAL ESTADO DAS BEIRARRÚAS
Carballo, mércores, 7 de Xuño de 2006.- O PP de Carballo quere denunciar o perigo que supón para os viandantes o mal estado en que se atopan moitas beirarrúas de Carballo. O martes pasado, sen ir máis lonxe, un concelleiro do PP foi testigo da caída dunha señora de avanzada idade na rúa Desiderio Varela; caída que, afortunadamente, non tivo consecuencias graves. Sen embargo, a señora dixo que era xa a segunda vez que caía nesa mesma beirarrúa pola mesma causa, e que na ocasión anterior rompera unha perna.
Varios veciños que sairon a socorrela sinalaron que os accidentes e as caídas eran habituais nesa rúa, como consecuencia da mala colocación das baldosas, o que provoca que sobresaian da rasante, ocasionando tropezóns e caídas a cotío.
Unha comerciante asegurou que tiña chamado ó concello para informar da situación pero, ata agora, os responsables non fixeron nada por resolve-lo problema.
O mesmo sucede noutras céntricas rúas carballesas.
Reclamamos que o goberno cumpla coa súa obriga e, en lugar de dedicarse só a facer propaganda, de vez en cando traballe un pouco.
Por desgracia, ésta é a auténtica realidade do noso concello. Mentras se fala de portos deportivos imposibles e campos de golf fantasmas; mentras o alcalde vai en América de "viaxe diplomático", os problemas máis elementais que afectan á calidade de vida dos cidadáns siguen sen resolver.
E, mentras tanto, o concelleiro de Obras mellor pagado de Galicia -45.000 euros por ano- adícase a insultar de xeito permanente a intelixencia dos veciños coa súa política virtual e a súa demagoxia.