21.6.06

 

O goberno utiliza a web do Concello para publicitar a visita de Evencio a Uruguay


O 7 de xuño de 2006 o PP denuncia a forma en que se usa a web do Concello de Carballo (www.carballo.org).

A axenda municipal recolle de xeito exclusivo as actividades de Ferrero en Montevideo

O PP DENUNCIA O USO PARTIDISTA DA PAXINA WEB DO CONCELLO POR PARTE DO ALCALDE.

A paxina Web do Concello, a principal ferramenta de comunicación do Concello de Carballo cos veciños e a fonte de información das actividades e accións dos membros do goberno, está sendo utilizada como medio propagandístico do alcalde para promocionar as suas viaxes.

Na información remitida polo concello non se informa de ningunha nova referente a actividade municipal de estos días, utilizándose exclusivamente para dar conta, con todo detalle, das actividades do Sr. Ferrero en Montevideo.

Esta utilización personalista e partidaria e o uso con fines exclusivamente propagandístico dos medios públicos e moi criticable, xa que, para o BNG parece más importante a visita do Sr.Ferreo a Punta del Este que, entre outras cousas, a presencia do Alcalde en funcións na importante xuntanza sobre seguridade en Bergantiños da que non se dá nengunha información.

O feito de que o Alcalde teña contratado un xornalista adicado exclusivamente o mantenemento da páxina web do concello xa fala por sí soio do uso e o destiño que o Sr. Ferrero pretende para este medio de comunicación e información .

O PP recorda que foi o Sr. Ferrero o que rexeitou a posibilidade de os medios de comunicación municipais, presentes e futuros , tivesen carácter plural, dando cabida a todolos grupos, e non fosen utilizados de xeito partidista como medio de propaganda do Alcalde.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?