21.6.06

 

O goberno cambia a súa versión para xustificar o retraso do 3º xulgado


O 16 de xuño de 2006 o PP emite esta nova nota de prensa sobre o asunto do 3º xulgado:
Agora, cambian de versión e din que o terceiro xulgado estará funcionando no mes de decembro

A ÚNICA FALTA DE CREDIBILIDADE É A QUE TEN O GOVERNO MUNICIPAL DE CARBALLO

Carballo, venres, 16 de Xullo de 2006.- Resulta curioso que sexa o governo tripartito de Carballo o que acuse de falta de credibilidade ó Partido Popular, cando son os seus membros os que, de xeito reiterado, defraudan continuamente as expectativas dos cidadáns.

O concelleiro socialista de Facenda, José Antonio Viña, cansouse de afirmar que o terceiro xulgado estaría funcionando en Carballo este mesmo verán. Resulta que agora di que o seu funcionamento se demora ata final de ano.

O que non queren admitir, no fondo, é que tanto él como o propio alcalde, e incluso o conselleiro da Presidencia, José Luís Méndez Romeu, quedaron en evidencia ó apresurarse a prometer algo que logo a realidade encargouse de desmentir.

En calquer caso, o que resulta incuestionable é que, tra-la publicación no BOE do decreto polo que se crean vinte novos xulgados na comunidade autónoma, o de Carballo non figura por ningún sitio.

A eso é precisamente ó que debe responder o sr. Viña, e de paso aclarar por qué antes dixo unha cousa que logo o tempo demostra non ser certa. E tampouco estaría de máis que deixaran de xogar coa confianza dos cidadáns de Carballo.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?