20.6.06

 

O BNG tenta tapar con estadísticas o problema da inseguridade


O 6 de xuño de 2006, o PP de Carballo emite esta nova nota de prensa.
Tal e como denunciaba o PP, Carballo é, xunto con Boiro, un dos municipios da provincia onde máis aumentou a inseguridade cidadán

O BNG TRATA DE OCULTARSE TRA-LAS ESTADÍSTICAS PARA NEGAR UN PROBLEMA QUE É MOI REAL

Carballo, martes, 6 de Xuño de 2006.- Tra-lo tráxico suceso acontecido este pasado fin de semana, que se saldou co asesinato dunha persoa, dende o PP de Carballo queremos preguntarlle agora ó BNG se vai a seguir escudándose en estadísticas cociñadas para tratar de ocultar un serio problema que está ahí.

Dende o PP vimos reiterando, dende sempre, a necesidade de otorgarlle absoluta prioridade á cuestión da seguridade cidadán. Por desgracia, feitos tan tráxicos como o acontecido este fin de semán poñen na súa dimensión real o problema.

Carballo é, xunto con Boiro, o municipio da provincia onde máis aumentan os delitos. Segundo publican estes días os xornais, no ano 2005 a Compañía de Carballo da Garda Civil rexistrou nas súas dependencias 1.796 delitos, un dato que ten moita relevancia se se ten en conta que na área metropolitana da Coruña, moito máis poboaada, denunciáronse algo máis de 2.250 delitos en todo o ano pasado.

Polo tanto, dende o PP de Carballo queremos pedirlle ó BNG que deixe de facer demagoxia, que non persista na súa actitude de tratar de agochar a realidade tras unhas estadísticas que non se corresponden coa auténtica situación e que tome conciencia da gravidade do problema. As actitudes triunfalistas do goberno municipal, tráxicamente contradecidas polos feitos e pola percepción dos cidadáns, só contribúen a eludir a cuestión e a demorar as posibles solucións.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?