1.6.06
Gran éxito da campaña de afiliados do PP en Carballo

O día 25 de maio Carballo acolleu a campaña de afiliación que o PPdeG está a levar a cabo en toda Galicia co lema "Hai partido, ¿xogas?", e contou coa visita do presidente rexional do partido, Alberto Núñez Feijoo. Este é o balance:
PRETO DUN CENTENAR DE PERSOAS AFILIÁRONSE Ó PP NO ACTO CELEBRADO O PASADO XOVES EN CARBALLO
Carballo, sábado, 27 de Maio de 2006.- A campaña de afiliación desenvolvida polo Partido Popular a nivel rexional, baixo o lema “Hai partido, ¿Xogas?”, tivo en Carballo un rotundo éxito. Preto dun centenar de persoas pasaron o pasado xoves pola carpa do PP, ubicada nos xardíns municipais, para afiliarse.
A franxa de idade dos novos afiliados foi moi amplia, dende xente moi nova ata outra máis madura. Os responsables do partido en Carballo amosaron a súa satisfacción polo xeito en que transcurríu a xornada.
Tra-lo acto que se desenvolveu na carpa, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou nun céntrico restaurante da localidade nun acto no que participaron membros do Partido Popular a nivel comarcal.
No transcurso desta reunión con representantes e militantes comarcais do partido, abordáronse diversas cuestións de interese relacionada ca bisbarra de Bergantiños.