1.6.06
Carballo encabeza con Boiro os índice de delincuencia na provincia

O día 24 de maio o PP de Carballo emite a seguinte nota de prensa sobre un asunto de capital importancia para os carballeses:
Os datos alarmantes divulgados polo sindicato maioritario da garda civil contradicen as súas declaracións
O PP ESIXE Ó ALCALDE QUE DOTE DE OPERATIVIDADE Á COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE
Carballo, mércores, 24 de Maio de 2006.- Os datos divulgados onte pola Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) –o sindicato maioritario do instituto armado- en referencia ó feito de que Carballo encabeza, xunto con Boiro, os índices de delincuencia na provincia, avalan a nosa preocupación e poñen enrriba da mesa un asunto que o PP sempre considerou absolutamente prioritario.
Non hai que esquecer que a nosa liña sempre foi a de potencia-la seguridade cidadán e que, nese senso, foi nosa a iniciativa de crear a comisión informativa de seguridade, que ó noso xuizo, non se está utilizando ca operatividade axeitada
Ademáis, as estadísticas manexadas polo sindicato da garda civil deixan en evidencia e contradicen as declaracións formuladas polo alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro, o pasado mes de febreiro, no senso de que os índices de delincuencia foran inferiores ós do ano anterior.
Resulta evidente que as declaracións triunfalistas dos membros do equipo de governo con respecto a esta materia non se corresponden ca realidade. Aínda que a Xunta Local de Seguridade, reunida a pasada semán, analizou uns datos que apuntaban a un descenso no número de delitos do 42,58 por cento no primeiro cuatrimestre deste ano e en relación ó mesmo período do ano anterior, ó realmente certo é que os datos da AUGC votan por terra eses análises tan optimistas.
Os datos divulgados pola AUGC poñen de manifesto o que o alcalde parece non ter en conta: que sufrimos un problema xeral de inseguridade cidadán. Os números son especialmente alarmantes se se repara no feito de que a tendencia xeral na provincia é exactamente a contraria.
O que urxe agora e que o alcalde e o seu equipo de governo, en lugar de empeñarse en minimizar un problema de primeira magnitude, doten da operatividade necesaria á comisión de seguridade e adopten políticas efectivas para poñer freo a unha situación preocupante.