1.6.06
Andrade promete agora meter o porto deportivo no Plan Xeral

O día 23 de maio o PP de Carballo vese na obriga de volver sobre as falsas promesas do concelleiro de obras e urbanismo Manuel Andrade:
O PP DE CARBALLO DENUNCIA A ACTITUDE DEMAGÓXICA DO GOBERNO MUNICIPAL
Carballo, martes, 23 de Mayo de 2006.- A osadía deste goberno parece non ter límites, e encima dá a impresión de que pretenden tomarlle o pelo ós carballeses.
As declaracións do concelleiro de Urbanismo reproducidas hoxe nos medios de comunicación, anunciando que o porto deportivo de Razo se incluirá no Plan Xeral, producen estupor e asombro: como se a mera inclusión no Plan supuxera que se fora a facer (tamén poden incluir no Plan un aeroporto, seguramente coas mesmas posibilidades de materializalo que o porto deportivo).
Francamente, comenzamos xa a estar fartos de políticos ineptos e demagogos que, o único que fan é vender fume. Resulta lamentable o barato que lles resulta a algúns políticos irresponsables facer promesas irrealizables a costa dos cartos dos carballeses.
Nese senso, hai que lembrar que o anteproxcto do porto deportivo de Razo houbo que pagalo e costou catro millóns de pesetas. Ademáis, xa nos mentíron hai oito meses, cando preguntamos se, antes de encarga-lo anteproxecto, falaran da viabilidade do mesmo con algún responsable político de Portos ou da Xunta de Galicia.
O goberno respondeu que si, que había moi boas perspectivas e agora, logo da visita do Presidente de Portos de Galicia, anunciando que o proxecto resulta inviable, xa vemos cáles son esas perspectivas.