20.6.06
Andrade, molesto porque o PP esixe respecto á lei

O día 5 de xuño de 2006, o PP fai pública a seguinte nota de prensa para saír ó paso das manifestacións do tenente de alcalde, Manuel Andrade:
O PP DENUNCIA A ACTITUDE CACIQUIL E DEMAGÓXICA DE ANDRADE EN RELACIÓN COA ADXUDICACIÓN DO PARKING SUBTERRANEO-CENTRO COMERCIAL
O Sr. Andrade non ten ningún respeto polas normas e moito nos tememos que, se por él fora, non habería nin procedemento de contratación. Dá incluso a impresión de que ten un interese persoal en adxudica-la obra como sexa, prescindindo de calquer tipo de formalismo. Preguntémonos que interese ten o goberno en adxudica-la concesión a unha gasolineira sen funcionamento e sen solvencia. Cremos que teñen moitas cousas que ocultar.
O Sr. Andrade carece de credibilidade. Él "embarcou" a Carballo no Polideportivo da Grela e foi o autor da ponte torcida do San Martiño, que houbo que tirar para fecer otra decente. Sen ir máis lonxe, temos o exemplo do porto deportivo de Razo. Xa todos o coñecen en Carballo e xa se sabe a credibilidade que ten.
O PP quere lembrar igualmente que as esixencias de documentación non as establece a mesa de contratación, senon a lei, e o Sr. Andrade non parece estar pola labor de respetala. É significativo o feito de que o Sr. Andrade non desmentiu nin un só dos datos ofrecidos polo PP sobre este asunto.
Á vista dos feitos, no PP temo-la impresión de que con gobernantes como Ferrero, Andrade e Viña, algunhas empresas-fantasma están na súa salsa.
De tódo-los xeitos, a nós non nos amedrentan as bravuconadas do Sr. Andrade e as súas prácticas propias dun concello bananeiro e, polo tanto, chegaremos ata onde sexa preciso para pararlles ós pés tanto a él como a un equipo de governo que despreza a lei cando non se axusta ós seus intereses.