1.6.06

 

Alberto Sueiro visita a comunidade carballesa no Uruguai


O 19 de maio de 2006, o PP emite a seguinte información:
Desenvolverá un intenso programa de actividades durante todo o fin de semán

O DEPUTADO DO PPdeG ALBERTO SUEIRO VISITA EN URUGUAI ÓS COLECTIVOS GALEGOS

Carballo, venres, 19 de Maio de 2006.- O deputado do PPdeG Alberto Sueiro atópase estos días en Uruguai, desenvolvendo diversas actividades, no marco dun programa de visitas ós colectivos galegos residentes en Latinoamérica, que xa iniciou no seu día o Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Alberto Sueiro participará nun intenso programa de actividades previsto para todo o fin de semán en Montevideo, capital de Uruguai.

Para hoxe, venres, ten prevista unha visita á Asociación Española 1ª de Socorros Mutuos, así como unha recepción e unha entrevista cos integrantes da súa comisión directiva. O deputado do PPdeG tamén será entrevistado nun programa de radio e visitará a Sociedade Casa Galicia e manterá un encontro cos seus directivos.

Mañá, sábado, Alberto Sueiro visitará o Fogar Español e manterá unha reunión cos membros da directiva. Tamén está prevista a súa participación no programa Sempre en Galicia e, ademáis, terá un encontro ca directiva e asociados do Centro Bergantiños. Hai que lembrar, nese senso, que en Uruguai reside unha nutrida colonia de galegos que proceden de toda a bisbarra de Bergantiños.

O domingo, o parlamentario popular visitará a sociedade Alma Galega e participará nun almorzó co gallo do aniversario desta entidade.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?