21.6.06

 

Alberto Sueiro pregunta polo trazado da estrada AC-422 de Buño a Ponteceso

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, reunirase o próximo día 14 de xuño de 2006, ás 16:30 horas, no pazo do Parlamento, para debatir, entre outros, os seguintes asuntos:

07/POC-0774 (5539)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sueiro Pastoriza, Alberto e Ruíz Rivas, Manuel Santos
Sobre as previsións da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en canto á
modificación do trazado da vía AC-422, a construción de vías de circunvalación na Bugalleira, Pazos e Tella, no concello de Ponteceso, e a realización dalgún estudo de viabilidade ao respecto
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 121, do 17.04.2006

O interés de esta iniciativa reside en comprobar cales son os plans da Consellería o respecto do trazado da vía AC-422, despois das sucesivas reivindicacións veciñais e as promesas realizadas dende a Xunta de Galicia .





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?