4.5.06
Preguntas do PP no pleno de abril

O día 24 de abril celebrouse un pleno no que o voceiro do Partido Popular formulou as preguntas que se recollen a continuación:
ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, Portavoz do Grupo Municipal do PARTIDO POPULAR, ó abeiro do disposto no arttigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formulo os seguintes
ROGOS E PREGUNTAS O PLENO DA CORPORACION DO 24 /04/ 06
1ª Despois de moitas convocatorias para cubrir vacantes das plazas de funcionarios ou persoal laboral dentro do corpo de policia local nas que xeralmente mantíanse as mesmas bases , temos comprobado que na convocatoria para cubrir a plaza de funcionario da policia que se está a celebrar en estos días, as bases foron modificadas en relación a procesos anteriores e mesmo a posteriores (plazas de auxiliar de policia) nas que voltaron as mesmas que se viñan utilizando de cotío con anterioridade.
E por iso que o noso grupo pregunta:
1. ¿ Cal é o motivo que xustifica este cambio nas bases da convocatoria?
2. ¿Unha vez modificadas porqué non se mantiveron as mesmas para procesos posteriores?
3. ¿Cal vai ser o criterio sobre esta cuestión a partires de agora?
2ª O goberno do Partido Popular deixara unha serie de obras e melloras proxectadas e coa financiación necesaria para a sua execución. Entre estas figuraban as obras de recuperación e posta en valor do entorno da Ferveda de Entrecruces. Ditas obras en execución durante o ano 2005 están paradas neste momento sen que se teñan dado razóns. Tendo en conta o longo periodo dende que se escomenzaron as obras e a chegada do verán , tempo acaido para o disfute de este entorno, o noso grupo pregunta:
1. En que estado se atopan as obras iniciadas.?
2. Cando está previsto que remanten e poidan estar a disposición de todolos carballeses e visitantes?
3. Que outras medidas ou accions están previstas para a valorización do entorno e a utilización do mesmo?
3ª No anterior pleno preguntamos sobor de un contrato de consultoría externa feito polo goberno que dada a premura de tempo conque foi apresentada a pregunta non foi contestada, polo que preguntamos de novo:
1. Con que criterios de selección e por que sistema se fixo a contratación de consultoría externa?
2. De que concellalías depende , qué obxetivos se marcaron,canto é o custo e cal é o duración do contrato?
3. Cales son os cometidos da consultoría , cantos informes se teñen feito e cales son as conclusións ou accións que se teñen derivado de este traballo?
4. Pregamos que de existir informes por escrito se nos facilitase unha copia para o noso coñecemento.
Despois dos ultimos acontecementos existen dúvidas razoabeis entorno a boa xestión no cobro das tasas e impostos municipais. Polo que preguntamos:
1. Canto se ten ingresado nas contas do concello de Carballo durante o ano 2006 en concepto de tasas e precios públicos , impostos e sancións, clasificados de xeito individualizado pola sua natureza?

Fdo. Alberto Sueiro Pastoriza