4.5.06

 

O PP solicita a reunión da xunta de voceiros para tratar a peaxe da autovía A-55


O día 18 de abril o PP de Carballo emite o seguinte comunicado:
O Voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular solicitou do Alcalde de Carballo que convoque unha reunión da xunta de voceiros da Corporación Municipal, para acordar un texto consensuado que solicite a eliminación do peaxe da autopista AG-55 e a inmediata construcción da autovia Carballo a Cee e Fisterra, obras que están paradas dende fai meses sen que o goberno da Xunta teña dado nengunha explicación.

Dende o grupo municipal do PP creemos na necesidade de atopar posturas compartidas, alonxadas de partidismos e utilizacións interesadas, que priorizen as necesidades de Carballo e que aporten solucións que melloren o estado actual das infraestructuras viarias contribuindo de xeito efectivo o desenvolvemento economico e social deBergantiños i en xeral da Costa da Morte.

Hai que lembrar que, mais de unha vez, a Corporación de Carballo se tén posicionado en torno a este asunto de forma clara, pero entendemos que téndose producido un cambio sustancial nas condicións xerais dos peaxes na nosa comunidade, por unha acción do goberno da Xunta, é importante que se poña de manifesto, outra volta mais, a postura conxunta da Corporación do noso Concello.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?