30.5.06
O PP solicita crear unha comisión para investigar o cobro ilegal de taxas na Milagrosa

O día 19 de maio, Juan Carlos Castro Pombo, en representación del PP de Carballo, presenta a seguinte moción no rexistro do Concello de Carballo:
JUAN CARLOS CASTRO POMBO, actuando como voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Carballo, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento, para ser debatida no próximo Pleno desta Corporación, a seguinte MOCIÓN instando a CREACIÓN DUNHA COMISIÓN ESPECIAL DE INVESTIGACIÓN SOBRE O COBRO IRREGULAR DE TAXAS NO MERCADO DO CAMPO DA FEIRA:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Primeiro.- Como é sabido, a Lei Xeral Tributaria e o Regulamento Xeral de Recadación atribúen a habilitación para cobrar tributos só "ós funcionarios que desempeñen tarefas de recadación" (arts. 162 da LXT e 8, 10 e concordantes do citado Regulamento).
Hai un mes e medio (1-4-2006), o Partido Popular denunciou a situación ilegal que se está a producir na feira da Milagrosa, onde un cobrador, acompañado por un policía local, está a cobrar taxas ós feirantes. Nin o policía, nin por suposto o cobrador, teñen habilitación legal para poder cobrar taxas ou calquera outro tributo municipal.
Ante a denuncia do PP, o alcalde respondiu a través da prensa, demostrando coñecer esta situación, defendendo a legalidade da súa actuación, mentindo ó decir que ese cobrador «emite facturas ao Concello polo traballo que fai» (o que non é certo), e ata se atreviu a calificar como "pouco ética" a denuncia desta irregularidade, como se non fora lícito que o PP desvelara as ilegalidades do goberno.
O Partido Popular solicitou por escrito (4-4-2006) presentado no rexistro municipal que se lle expedira certificación sobre diversos aspectos, entre eles: nome do antigo concesionario do Mercado do campo da feira; data en que lle foi notificada a finalización da concesión; vínculo contractual existente actualmente entre o cobrador e o Concello; relación de ingresos efectuados na tesourería municipal por esa persoa desde que está cobrando as taxas, unha vez finalizada a súa concesión, etc.
Lamentablemente, varios puntos sobre os que solicitabamos certificación non foron contestados, nun exercicio de ocultación habitual neste goberno. Con todo, o Secretario Municipal certificounos que ó antigo concesionario (que é a persoa que está cobrando actualmente, sin ser concesionario nin estar habilitado para cobrar) finalizoulle a súa concesión o 9 de xuño de 2006. A Interventora e a Depositaria, pola súa parte, certificaron que, alomenos ata o 7 de abril de 2006, esa persoa non ingresara no Concello nin un céntimo das cantidades que leva cobrando dende hai un ano.
Tamén poidemos saber que esa persoa carece de calquera vínculo documentado co Concello de Carballo, así como que non emitiu nin unha soa factura ó Concello polo cobro que viña realizando.
Segundo.- Lonxe de desaparecer ou de que o goberno municipal lles puxera remedio, os cobros ilegais seguiron a producirse nas feiras celebradas posteriormente, en todo o mes de abril e no que levamos de maio. Sen ir máis lonxe, o domingo pasado (14.5.2006), o mesmo cobrador seguía cobrando como sempre, como se pode comprobar nas fotografías que se acompañan, tomadas ese día. Malia a ilegalidade patente e manifesta, e ó prexuizo económico que esto supón para o Concello e para os feirantes, non temos noticia de que o alcalde, nin o concelleiro de feiras e mercados, nin o concelleiro de facenda, adoptaran algunha medida para restaurar a legalidade, para impedir que persoas non autorizadas legalmente sigan cobrando e para que se ingresasen na facenda municipal as cantidades detraídas dos feirantes. Polo contrario, siguen permitindo, consentindo e amparando estes cobros irregulares, nunha patente burla á legalidade que xa é máis que habitual neste goberno.
En consecuencia, en defensa dos intereses de todos os carballeses e da legalidade, o Partido Popular presenta esta moción para coñecer a realidade da situación, determinar as responsabilidades políticas ou doutro tipo que poideran existir, e averiguar qué pasou co diñeiro cobrado irregularmente dende hai un ano.
Terceiro.- O artigo 124.3 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais contempla a creación polo Pleno de comisións informativas especiais, sometidas ás mesmas reglas de creación e composición que as comisións informativas permanentes, diferindo só na súa extinción, que no caso das comisións informativas especiais se produce "una vez que hayan dictaminado o informado sobre el asunto que constituye su objeto, salvo que el acuerdo plenario que las creó dispusiera otra cosa" (art. 124.3, párrafo segundo).
O acordo de creación destas comisións, segundo o artigo 125 do citado Regulamento, ha de determinar a composición concreta das mesmas, tendo en conta as reglas contidas no mencionado artigo, en especial o apartado b), que determina que "cada Comisión estará integrada de forma que su composición se acomode a la proporcionalidad existente entre los distintos grupos políticos representados en la Corporación”.
Polo exposto, sometemos á consideración do Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:
1.- O Concello de Carballo crea a "COMISIÓN INFORMATIVA ESPECIAL DEINVESTIGACIÓN SOBRE O COBRO IRREGULAR DE TAXAS NO MERCADO DO CAMPO DA FEIRA", integrada por cinco representantes do Grupo Municipal do PP, tres representantes do Grupo Municipal do BNG, dous representante do Grupo Municipal do CDI e un representante do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE. A adscripción concreta a esta Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo, realizarase mediante escrito do voceiro do mesmo dirixido ó Alcalde, do que se dará conta ó Pleno. Poderá designarse, de igual forma, un suplente por cada titular. A Comisión estará vixente ata a aprobación das súas conclusións.
2.- Esta comisión terá por obxecto investigar todo o sucedido acerca do cobro irregular de taxas que se ven producindo no mercado do Campo da Feira da Milagrosa de Carballo; determinar qué pasou coas cantidades que se cobraron; así como determinar as posibles responsabilidades políticas ou doutro tipo que poideran derivarse destes feitos.
3.- Con carácter independente da creación desta Comisión, e con carácter inmediato, o Concello de Carballo reclamará das persoas que veñen cobrando esas taxas, exercendo as accións legais necesarias se fora preciso, a rendición de contas e o reintegro de todas as cantidades percibidas, máis os intereses correspondentes; cantidades que haberán de ser ingresadas na tesourería municipal.
Carballo, 19 de maio de 2006
Asdo.: Juan Carlos Castro Pombo
Voceiro do Grupo Municipal do PP