30.5.06

 

O PP socilita a convocatoria da comisión de contas para aclarar os créditos extraxudiciais


O día 18 de maio de 2006, Juan Carlos Castro Pombo, en representación do PP de Carballo, presenta a seguinte moción no Concello:
JUAN CARLOS CASTRO POMBO, Voceiro suplente do Grupo Municipal do Partido Popular, ó abeiro do disposto nos artigos 91 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presento, para ser debatida no próximo Pleno desta Corporación, a seguinte MOCIÓN sobre a convocatoria de sesións da Comisión Especial de Contas para analizar os gastos aprobados pola Xunta de Goberno Local dende o 2 de xaneiro ó 24 de abril de 2006:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Primeiro.- O recoñecemento extraxudicial de créditos (gastos contraídos sen existir dotación presupostaria e gastos do ano anterior con factura aprobada polo concelleiro correspondente o ano seguinte) deste ano aprobouse no pleno celebrado o mes pasado, por un importe moi próximo ós 300.000 euros.

Nese pleno, o alcalde de Carballo presumiu de reducir as facturas que integraban o recoñecemento extraxudicial de créditos nuns 90.000 euros en relación co exercicio anterior, tratando de colgarse medallas que, como el mesmo demostrou despois, non lle correspondían, senón todo o contrario.

En efecto, naquel Pleno o grupo municipal do Partido Popular advertiu que había moitas máis facturas que, debendo formar parte do recoñecemento extraxudicial de créditos, sin embargo non foron incluídas polo goberno, reducindo ficticiamente o importe global deste. Non o fixo así o goberno, senón que as pagou con cargo ós presupostos municipais de 2006, trasladando así os gastos de forma ilegal.

No mesmo Pleno, o alcalde chegou a admitir que esta era unha práctica habitual do seu goberno, decindo, máis ou menos, que “cada concelleiro, cando esgota o crédito das súas partidas, dille ós proveedores que lle pasen as facturas ó ano seguinte”, pagándoas mediante acordo da Xunta de Goberno en lugar de que sexa o pleno o órgano que fiscalice eses gastos. Por suposto que eso é ilegal, xa que o artigo 60.2 do R.D. 500/1990, que desenvolve a Lei de Facendas Locais en materia de presupostos, establece que a aprobación desas facturas lle corresponde exclusivamente ó Pleno da Corporación. Pero o alcalde asume con tanta alegría as ilegalidades que incluso as presenta como un mérito de xestión.

En concreto, o PP demostrou que, só en desbroces, alomenos 24.000 euros foron gastados no ano 2005 sin que existira consignación no presuposto naquel momento, debendo por tanto integrar eses gastos a relación de facturas do recoñecemento extraxudicial aprobado no pleno de abril pasado. Na mesma situación, como recoñeciu o alcalde no Pleno, atópanse outras moitas facturas.

Aparte da ilegalidade e o engano que supón, esta práctica trae como consecuencia a vulneración do principio presupostario de anualidade (os presupostos convírtense en ficticios, toda vez que parte deles xa están gastados de antemán sen ningún tipo de control), e outros resultados indesexables, consistentes nos prexuízos que se causan ós contratistas e proveedores cos que o Concello contrata sin que existan fondos para elo, obligándoos a esperar moitos meses para poder cobrar; así como a situación contraria, tratos de favor a determinados contratistas ou proveedores, que, encontrándose na mesma situación, cobran antes que outros que deberán esperar á aprobación do recoñecemento extraxudicial.

Nun caso idéntico, un concello galego recibiu a reprimenda do Consello de Contas: “No se cumple lo dispuesto en el artículo 60.2 del RD 500/1990 relativo al reconocimiento extrajudicial de créditos, ya que se imputan al ejercicio corriente pagos derivados de obligaciones generadas en ejercicios anteriores, ignorando el procedimiento establecido" (Informe de Fiscalización, exercicio 2001-2002).

En palabras do catedrático de economía aplicada Xosé Carlos Arias (“Cuentas públicas y contabilidad creativa”): “Casi lo más preocupante sería lo chusco del procedimiento: se trasladan gastos no contabilizados al ejercicio siguiente, y a otra cosa. Un recurso que pocos honrados cabezas de familia usarían al ordenar sus cuentas, y que recuerda ciertos comportamientos piramidales, tan de moda.”

En resumo, engánase á cidadanía, faise un uso fraudulento dos presupostos municipais, prodúcense desigualdades de trato e frústrase a confianza dos cidadáns.

Por todo o exposto, a hixiene e a tan necesaria transparencia democrática neste Concello esixen que se investiguen os pagos dos últimos meses, para determinar en realidade a canto debera ascender o importe do recoñecemento extraxudicial de créditos, para o que propoñemos que o Pleno adopte o seguinte ACORDO:

O Concello de Carballo convocará as sesións que sexan precisas da COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS, a fin de analizar todas as facturas e gastos aprobados pola Xunta de Goberno Local dende o 2 de xaneiro ata o 24 de abril de 2006, a fin de determinar cales deses gastos deberan integrar o recoñecemento extraxudicial de créditos aprobado en data 24-4-2006. Para levar a cabo a investigación, a Comisión poderá convocar a calquera concelleiro do equipo de goberno para que rinda contas da súa xestión e informe da data en que comprometiu cada un deses gastos.

Carballo, 18 de maio de 2006





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?