15.5.06
O PP fará unha campaña para difundir as súas propostas para a praza

O día 9 de maio de 2006, o PP de Carballo fai pública a seguinte nota de prensa:
O PP FARÁ UNHA INTENSA CAMPAÑA PARA DAR A COÑECE-LO SEU PROXECTO PARA A PRAZA DO CONCELLO
Carballo, martes, 9 de Maio de 2006.- O Partido Popular de Carballo desenvolverá unha intensa campaña de actos, co obxecto de darlle a coñecer ós cidadáns o seu proxecto alternativo para a praza do concello. Ese foi un dos principais puntos incluidos na orde do día da reunión que onte celebrou o comité local do partido.
No transcurso da mesma, o PP reiterou a súa firme oposición ó proxecto do equipo municipal de governo, xa que non hai que esquecer que se cede unha praza pública a unha empresa privada por 40 anos, ampliables ata 60.
Entre os argumentos que fundamentan a oposición do PP de Carballo ó proxecto do centro comercial avalado polo governo local, figura o feito de que perderánse máis de 800 metros cadrados de espacios libres e tamén os aparcamentos gratis na superficie e as feiras que existían ata agora.
O proxecto que o tripartito ten para Carballo non é un parking subterráneo nin tampouco unha remodelación do mercado actual. Consiste en cederlle a nosa praza a unha empresa privada para que monte o seu propio centro comercial e xestione toda a praza como lle pareza, e por se fora pouco, todos contribuiremos ó seu negocio con 380 millóns de pesetas que pagaremos a través do Concello.
A pesar de que se di que a obra é de interese público, a empresa vai poder elaborar o proxecto de construcción como queira, sen que o concello lle impoña condicións, co único compromiso de axustarse a un simple anteproyecto, o único que se presentou. Vulnérase así a Lei de Contratos de Administracións Públicas.
DÚAS ALTERNATIVAS
A proposta do PP é a construcción dun edificio comercial, que albergaría os concesionarios do actual mercado de abastos xunto cun centro comercial, mediante inversión totalmente privada.
Este proxecto ubicaríase nunca parcela, na prolongación da rúa Cervantes, que se recalificaría para incluir dotación comercial e aparcamento gratuito en superficie; ou ben no polígono número 26 a carón do Rego da Balsa e da rúa Perú, na parcela que obligatoriamente teñen que cede-los propietarios.
En ámbo-los dous casos non costaría nada ós carballeses, xa que, nese senso, hai que lembrar que o proxecto do governo local terá un custo de máis de 300 millóns das antiguas pesetas.
RENOVACIÓN
Outra das cuestións que se tratou na reunión do comité local de onte foi a convocatoria de eleccións para a renovación da xunta local do PP de Carballo, xa que a actual rematou o seu período de catro anos.