4.5.06

 

O goberno local "pasa" do cobro ilegal de taxas


O día 2 de maio o PP de Carballo emite esta nota de prensa:

Aínda non explicou ónde foron a parar os cartos recaudados polo cobro das taxas na feira da Milagrosa

O GOVERNO LOCAL ADMITÍU O ERRO, PERO PERSISTE NUNHA IRREGULARIDADE

Carballo, martes, 2 de Maio de 2006.- O PP de Carballo quere chama-la atención sobre o feito de que o governo municipal recoñece o erro, pero persiste na irregularidade, ó non ter ningun control sobre o cobro das taxas pola ubicación dos postos na feira da Milagrosa.

Na ultima semana, con duas ferias consecutivas, o cobro das taxas voltou a producirse de xeito ilegal.

De tódo-los xeitos, o máis preocupante é que o Alcalde de Carballo segue sen explicar onde está o contrato que dixo que existía, onde estan as facturas do cobador ou cobradores e o mais importante ónde se ingresan os cartos que se recaudan.

Esta circunstancia pon de manifesto a súa incompetencia e contribúe a acentua-lo seu descrédito como xestor público, xa que son incapaces de xestionar correctamente o cobro dunha taxa.

Non é de recibo que esta situación se prolongue, sen ningún tipo de control por parte do goberno municipal, se dar nengunha explicación e sen correxir o que o propio concelleiro de facenda recoñeceu que é irregular.

O Sr. Ferrero, outra volta mais, descuberto en unha ilegalidade, despois de culpar a oposición de “falta de ética” por denunciar os feitos, unha vez que se confirmou que mentía dá a calada por resposta. Como de cote, NIN UNHA MALA PALABRA NIN UNHA BOA ACCION.





<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?